Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


15 abr 2012

Apadriñamento lector

     Como motivo do Día Internacional da Literatura Infantil, 2 de Abril, dende a Biblioteca propuxeron realizar unha semana de apadriñamentos e amadriñamentos. Consistía en que un/unha nen@ de secundaria lle narraba un conto a un/unha nen@ de infantil.
     
       Estes días foron moi especiais, agradecemos aos rapaces e ás profes da Biblioteca que nos adicaron un anaquiño do seu tempo .
     
       Os/As primeir@s en disfrutar desta actividade foron @s nen@s de  5 anos, o venres tocoulles aos de 4 e a vindeira semana gozarán dela os de 3. Seguro que o disfrutan moitísimo.

      Foi un momento moi fermoso, onde compartiron moito máis ca un conto...e como agradecemento, as nos@s madriñas e padriños tamén tiveron un pequeno agasallo. 



Sairon tod@s moi guap@s na foto de familia. 


Bicos e ata pronto.

A profe Elsa

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS SON IMPORTANTES PARA NÓS